Estudo de casos/análises de situacións |
Presentación de textos reais (folletos dun museo, páxina web dun concello, audiodescrición dunha película...) que o alumnado deberá analizar e avaliar criticamente.
|
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Organizaranse visitas a institucións, museos, etc. para que o alumnado vexa de primeira man as necesidades de mediación lingüística. Preténdese que destas visitas poida derivarse un proxecto real de tradución que formará parte da avaliación da materia.
|