Estudo de casos/análises de situacións |
Simulación de situacións reais de tradución e toma de decisións por parte de alumnado sobre os numerosos factores que inflúen na realización dun traballo de tradución de calidade (relación co cliente, prazos, formato, función, pasos previos ou posteriores, planificación, revisión, traballo en equipo...). |
Debates |
Posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase. |
Metodoloxías integradas |
Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de distintas tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos culturais. |