Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates Participación activa na posta en común razoada e crítica sobre as dúbidas, inquedanzas e lagoas xurdidas no transcurso das distintas tarefas realizadas ou encargadas na clase. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Aplicación das destrezas e coñecementos desenvolvidos mediante as demais metodoloxías na realización de distintas tarefas propias da tradución profesional no ámbito dos servizos culturais (encargas de tradución, revisión, etc.). 50
Metodoloxías integradas Reflexión sobre a aprendixaze ao longo da materia mediante a entrega dun portafolio/relatorio seguindo as pautas explicitadas na clase. *
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha ou varias probas presenciais de tradución xustificada. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación: continua e única. Estes son
incompatibles e hai que optar por un ou outro nas primeiras sesións.
Para acollerse á avaliación continua é preciso participar en todas as
actividades da materia e realizar as probas e encargas correspondentes.
As metodoloxías descritas na sección "Avaliación" desta guía docente fan
referencia á avaliación continua.


A avaliación continua inclúe, ademais dos
debates e encomendas (60%), unha primeira proba de tradución e corrección e
outra de tradución, revisión e coñecementos de xestión durante a última sesión
do curso (40%).

De non superar algunha destas dúas (as do 40%)
probas, o alumnado de avaliación continua poderá repetila(s) o día do exame de
avaliación oficial de xullo.


No caso de avaliación única, a avaliación
consistirá nunha proba presencial (durante a última sesión do curso) de realización de tarefas propias da tradución
profesional no ámbito dos servizos culturais (60%) e na entrega
dunha encarga de tradución profesional xustificada conforme a unhas determinadas
condicións establecidas pola docente (40%). A/o alumna/o que desexe
presentarse á avaliación única deberá poñerse
en contacto coa docente un mes antes da finalización das sesións para informarse sobre as características da encarga de
tradución, que deberá entregar no día da proba de avaliación presencial
(última sesión do curso ou en xullo na data fixada polo centro).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000