Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución medios audiovisuais idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia habitual ás sesións presenciais e participación activa, que require a preparación previa dos exercicios propostos. Entrega de todos os traballos e exercicios de clase que a profesora demande. 10
Proxectos Dúas encomendas de tradución (vid. metodoloxía docente). As datas de entrega fixaranse na clase e publicaranse en faitic, atendendo ao calendario e tendo en conta os períodos sen docencia e unha distribución racional da carga de traballo. 50
Outras Exame final da materia, con tempo controlado e material restrinxido, que constará de dúas partes:
- Parte teórica sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais, aplicados e desenvolvidos durante as sesións prácticas. As respostas redactaranse en lingua galega. (30%).
- Parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto (70%).
A data do exame final será consensuada en clase coa profesora.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase a avaliación contínua. Se un alumno ou alumna non pode acollerse ao sistema de avaliación continua, deberá informar á profesora e renunciar por escrito a este sistema de avaliación nun prazo de dúas semanas a partir do primeiro día de clase. Neste caso, deberá realizar un exame final, que será consensuado en clase coa profesora (avaliación única). Tamén terá que realizar un exame final o alumnado que suspenda a avaliación continua e se presente en xullo (2ª edición de actas).

Tanto o exame de avaliación única como o exame de xullo consistirá nunha proba con dúas partes:

- Parte teórica sobre os contidos recollidos nesta guía (30%).

- Parte práctica que pode adoptar a forma de traducións de microtextos con problemas específicos de TAV ou análise dalgún caso proposto (70%).

A data do exame de xullo será fixada polo Decanato.

Se se detecta o plaxio nalgún dos traballos entregados, a cualificación será 0.

*A presencialidade enténdese tanto na aula como na biblioteca (nalgunhas sesións de traballo colectivo para consulta de bibliografía especializada: revistas, etc.).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000