Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do estudantado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á súa competencia tradutora, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Aprendizaxe colaborativa Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 3, o estudantado desenvolverá un proxecto de tradución inversa en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 3. Data de entrega: 13/01/26. Lugar de entrega: tarefa creada en MooVi. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D3
D8
D12
D14
D16
D22
Resolución de problemas O estudantado debe subir a MooVi dentro do prazo establecido para cada unha delas todas as tarefas que se lle encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafois persoais do estudantado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o estudantado). 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D16
D22
D23
Práctica de laboratorio O 18 de novembro de 2025 o estudantado desenvolverá unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Se houbese algún cambio con respecto a esta data, anunciarase con suficiente antelación a través de MooVi. 25 A2
C4
C5
C17
C22
D15
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao remate do tema 1, o estudantado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrará que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Para superar a proba, dun total de oito preguntas, debe responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de realización da proba: 16 de outubro de 2025, en horario de clase. Se houbese algún cambio con respecto a esta data, comunicarase con suficiente antelación a través de MooVi. 15 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Autoavaliación Ao longo do curso, o estudantado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirá determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do estudantado. Xa que logo, o estudantado ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. 

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no réxime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado. A metodoloxía de aprendizaxe-servizo só se aplicará ao estudantado de avaliación continua.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (DECEMBRO):

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de avaliación continua. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todo o estudantado teña as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación.

Esixencias do sistema de avaliación continua:

- Deixar constancia por escrito a través de MooVi da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua no primeiro mes do curso.

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: 

a) Encomenda individual de tradución directa. 

b) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos. 

c) Proba práctica de tradución directa. 

d) Encomenda grupal de tradución inversa. 

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 

Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse na plataforma docente para que todo o estudantado matriculado na materia poida acceder a eles. 

De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterá a cualificación de suspenso (0) o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Incurra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

- Incumpra as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN. 

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de MooVi durante o primeiro mes do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos. (15%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (55%)

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Neste exame obterá a cualificación de suspenso o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO):

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE TERÁ LUGAR NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos. (15%) Será obrigatorio aprobar esta proba para superar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do inglés cara ao español (55%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 250 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. 

En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso o estudantado que:

- Cometa máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán). 

- Cometa un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurra en plaxio total ou parcialmente.

 

PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

 

CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

2. Diferenzas entretextos científicos e textos técnicos.

3. O texto científico como ferramenta de comunicación.

4. Metas da linguaxe científica.

5. Elementos e características do estilo científico-técnico.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000