Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Relacións Internacionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Valoración do estudo de caso entregado polo grupo de traballo e debate cos seus membros. O traballo poderá entregarse en castelán ou en galego, indistintamente. A puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10.
O traballo deberá ser subido á plataforma FAITIC, antes de rematar a primeira semana de abril.
40
CB1
CB3
CB4
CB5
CE2
CE8
CE10
CE24
CE25
CT6
CT13
CT17
Exame de preguntas obxectivas Realización de dous cuestionarios sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar na segunda semana de marzo. O segundo, no último día lectivo da materia. A puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10. 60
CB1
CB2
CE2
CE8
CE24
CE25
CT6
CT13
CT17
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dunha proba sobre os contidos da materia na semana de maio indicada polo decanato. Esta proba non será obrigatoria xa que está pensada para mellorar a nota obtida no estudo de caso e nos cuestionarios. A súa puntuación será de 0 a 2, nunha escala de 0 a 10. 0-20
CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE8
CE10
CE24
CE25
CT6
CT13
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumno deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ao 70% das sesións presenciais de clase, agás circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas e admitidas polo docente. Quedará exento desta obriga o alumnado que, conforme ao establecido no artigo 46k da LO 6/2001 e no artigo 7d do RD 1791/2010, acredite documentalmente necesidades de conciliación laboral ou familiar. Dadas as porcentaxes de cualificación asignadas, o alumnado pode obter a máxima cualificación sen necesidade de realizar a proba de resposta curta. Non obstante, poderá mellorar a súa cualificación presentándose á esta.

No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá subir a FAITIC, antes da primeira semana de abril, o estudo de caso que se indique ao comezo do curso; nesta modalidade, será feito de maneira individual e suporá o 40% da cualificación (a puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10). Así mesmo, realizará un exame escrito na data indicada polo calendario oficial do decanato. O exame versará sobre os primeiros seis temas e constará de seis preguntas, unha por cada tema, sendo necesario puntuar en todas elas. O exame suporá o 60% da cualificación (a puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10). O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar o estudo de caso e/ou o exame escrito, segundo as cualificacións obtidas na primeira edición, na data oficial marcada pola Facultade. Para o caso de ter que facer o estudo de caso, deberá entregalo en FAITIC con anterioridade a data oficial marcada pola Facultade para a realización do exame  (a puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10). Para o caso de ter que facer o exame escrito, este versará sobre os primeiros seis temas e constará de seis preguntas, unha por cada tema, sendo necesario puntuar en todas elas (a puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10). O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente. 

NB.- A acreditación das circunstancias de conciliación laboral e familiar contempladas na lexislación vixente constará de documentación emanada da Seguridade Social que certifique a condición de alta como traballador autónomo ou por conta allea. No caso da conciliación familiar documentación oficial que no alumno ou na alumna concorren as circunstancias que outorgan ese dereito conforme a normativa en vigor.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000