Educational guide 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Práctica de interpretación consecutiva na clase (só se terá en conta se mellora a nota final). 40
Seminario Aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva. 0
Obradoiro Asistencia, participación e preparación das tarefas da clase. 10
Prácticas con apoio das TIC Práctica autónoma na casa 10
Práctica de laboratorio Realización dunha proba final de interpretación consecutiva entre as linguas B e A.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superada esta proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
Apto necesario (é imprescindible obter un 5 nesta proba para aprobar a materia).
No caso de obter nela unha nota máis alta que a da práctica de interpretación consecutiva na clase, a nota da proba final pasará a contar un 80%.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua
—explicitada na sección
"Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente
todas e cada unha das tarefas ou actividades que se propoñan
segundo a secuenciación proposta na clase para o mellor aproveitamento
do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia,
baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, malia
non ser obrigatorio. En calquera caso, para a avaliación continua, informarase das tarefas e probas na clase, espazo de comunicación e aprendizaxe principal da materia.

Tanto a avaliación única (para aquel alumnado que non queira ou non poida acollerse á avaliación continua) como a segunda convocatoria
consistirán nun exame de interpretación consecutiva de inglés a
castelán e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de
exames aprobado en Xunta de FFT.

No caso de suspenso na proba final, o alumnado de avaliación continua ten dereito a que se lle garden as demais cualificacións da materia e só repetir esta última proba na segunda convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000