Educational guide 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Contidos
Tema Subtema
I. Introdución
1. Repaso dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación consecutiva idioma 1: inglés.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
1. Consolidar a seguridade e confianza ao falar en público e mellorar o nivel da lingua materna (empregar un rexistro adecuado, mobilizar léxico rico e variado).
2. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
3. Mellorar a técnica de toma de notas (afondar no traballo de escoita e análise, detectar e dominar a notación dos conectores)
4. Dominar as fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
II. Fundamentos
1. Consolidación das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva entre as linguas A e B.
1. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas B e A.
2. Afondar na capacidade de resolución de problemas.
3. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
4. Consolidar unha boa toma de notas: ter criterio para seleccionar a información, introducir e integrar os símbolos útiles para cada estudante, puír a técnica, consolidar o equilibrio entre a utilización das notas e o uso da memoria.
III. Perfeccionamento
1. Perfeccionamento das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
2. Desenvolvemento da metacognición.
1. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
2. Ter claro o que entendemos por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
3. Desenvolver a capacidade de anticipación.
4. Consolidar a memoria a curto prazo.
5. Ser conscientes da importancia da preparación previa para a interpretación de discursos sobre temas específicos.
IV. Consolidación
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade.
1. Ser capaz de restituír información complexa e especializada en consecutiva: conceptos abstractos, nomes propios, discursos de especialidade.
2. Saber preparar e interpretar discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
3. Dominar a restitución de números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso, saber tomar decisións acaídas sobre a análise e a restitución do discurso.
4. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
5. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos de maior dificultade (densos, complicados e rápidos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000