É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc. AVALIACIÓN CONTINUA 1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase. 2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesor para que este tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar. 3 - O non entregar algún dos encargos (wiki/glosario en FAITIC) ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse á convocatoria única. 4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. O alumnado poderase atopar nalgún destes dous casos: a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: encargos de tradución (30%) e probas prácticas (20%), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro. *b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: encargos de tradución (30%) e probas prácticas (20%) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación: 1. Tradución con tempo limitado (1 hora e vinte minutos): 65% da nota. Non se poderá usar documentación en papel (procedente da wiki e do glosario de FAITIC ou calquera outra fonte bibliográfica). 2. Tradución con tempo limitado (40 minutos): 35% da nota. No caso *b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática. CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO). O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato a unha proba que consistirá en: 1. Tradución con tempo limitado (1 hora e vinte minutos): 65% da nota. Non se poderá usar documentación en papel (procedente da wiki e do glosario de FAITIC ou calquera outra fonte bibliográfica). 2. Tradución con tempo limitado (40 minutos): 35% da nota. A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 5 sobre 10. O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática. |