Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Cando o profesorado remate as exposicións de contidos teóricos haberá unha proba escrita sobre os mesmos. 20
CE3
CE12
CE25
CE27
CT1
CT4
Resolución de problemas e/ou exercicios As probas prácticas consistirán na realización de encargas de tradución directa (francés-castelán), tanto de terminoloxía como de xéneros textuais xurídicos e administrativos que se realizarán na wiki e no glosario habilitados en FAITIC. 30
CE3
CE12
CE25
CE27
CT1
CT4
CT15
Estudo de casos/análisis de situacións Valorarase a capacidade de documentación do alumnado con exercicios específicos realizados na aula. 10
CE3
CE12
CE25
CE27
CT1
CT4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de tarefas de tradución directa (francés-castelán). 20
CE3
CE12
CE24
CE25
CE27
CT1
CT4
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico no cal o alumnado terá que describir e reflexionar sobre os modelos e tipos textuais máis comúns relacionados co ámbito de especialidade da materia. 20
CE3
CE12
CE25
CE27
CT1
CT4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc.

AVALIACIÓN CONTINUA

1 - O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2 - Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente ao profesor para que este tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3 - O non entregar algún dos encargos (wiki/glosario en FAITIC) ou non realizar algunha das probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse á convocatoria única.

4 - O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. O alumnado poderase atopar nalgún destes dous casos:

a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: encargos de tradución (30%) e probas prácticas (20%), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de decembro.

*b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: encargos de tradución (30%) e probas prácticas (20%) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:

1. Tradución con tempo limitado (1 hora e vinte minutos): 65% da nota. Non se poderá usar documentación en papel (procedente da wiki e do glosario de FAITIC ou calquera outra fonte bibliográfica).

2. Tradución con tempo limitado (40 minutos): 35% da nota.

No caso *b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

CONVOCATORIA ÚNICA (DECEMBRO E XULLO).

O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (decembro ou xullo segundo corresponda) publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:

1. Tradución con tempo limitado (1 hora e vinte minutos): 65% da nota. Non se poderá usar documentación en papel (procedente da wiki e do glosario de FAITIC ou calquera outra fonte bibliográfica).

2. Tradución con tempo limitado (40 minutos): 35% da nota.

A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 5 sobre 10.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000