Resolución de problemas e/ou exercicios |
Recoméndase establecer contacto co profesorado na propia aula antes da realización das probas prácticas avaliables; en calquera caso, tamén se proporcionará atención personalizada nas horas de práctica, tanto para as actividades introdutorias como para a corrección das encargas avaliables.
O alumnado que se atope en circunstancias excepcionais por motivos persoais ou de saúde pode solicitar unha atención personalizada a maior nivel sempre que o xustifique debidamente. |