Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Galego Código V01G230V01704
Titulacion
Grao en Tradución e Interpretación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
Lingua impartición
Francés
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Ferreiro Vázquez, Óscar
Correo-e oferreiro@uvigo.es
Profesorado
Fernandes del Pozo, María Dolores
Fernández Pintelos, María José
Ferreiro Vázquez, Óscar
Sotelo Dios, Patricia
Web
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo principal formar o alumnado na práctica da tradución directa e inversa francés-galego nos eidos legal e institucional, cos obxectivos de orientalo de cara á comprensión profunda dos textos destes eidos, de dotalo duns coñecementos básicos sobre dereito e xestión, de proporcionarlle unha certa perspectiva das condicións do mundo da tradución profesional e de fomentar o espírito crítico de cara á actividade da tradución.
Cando nos referimos a «xurídicos e administrativos» incluímos os textos que xeran organismos institucionais de ámbito local, autonómico, estatal e supraestatal, por iniciativa lexislativa propia ou os textos xerados a partir da súa relación coas persoas administradas ou das relacións dos organismos entre si; con esta mesma denominación incluímos os textos das institucións do dereito nas súas decisións xurisdicionais, nas súas relacións coa cidadanía e destes entre si a través dos axentes da xustiza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000