Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
As probas prácticas consistirán nun total de seis traducións, catro directas e dúas inversas, realizadas fóra das aulas. Todas estas probas avaliables terán unha extensión máxima dunha páxina, e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. |
70 |
Cada alumno poderá acollerse a dúas convocatorias por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse a avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua, e a falta de asistencia non xustificada a máis do 20% das horas presenciais (é dicir, a máis de 10 horas presenciais) suporá un suspenso automático. Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles medidas legais contra o alumno. Cómpre destacar que factores como a asistencia ás sesións teóricas, as lecturas ou a realización dos casos prácticos non teñen valor directo na avaliación, pero que a súa realización facilitará indirectamente o éxito nas probas avaliables.
Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 50 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 20% da nota. Os alumnos que se acolleron a avaliación continua non poderán presentarse ao exame de decembro. O exame de decembro se realizará o día 12 de xaneiro ás 16:00 horas.
@s alumn@s que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á da primeira edición de actas sen avaliación contínua. Asi mesmo @s alumn@s de avaliación contínua que suspendan na primeira edición gardaráselles as notas aprobadas para a convocatoria de xullo.
|