Na plataforma FAITIC especificarase as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua.
Para o alumnado sometido a avaliación continua, o exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) constará de unha única proba teórico-práctica consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos aprendidos en clase, por outra banda. Será imprescindible responder a todas as preguntas xa que a non resposta a unha delas invalidan a proba.
A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas.
Por outra banda cabe lembrar que, con respecto á corrección do exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfolóxicas e sintácticas na redacción das respostas. Atención! Tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos invalidan o exame final.
O alumnado non sometido a aviación continua deberá realizar o día do exame final, ademais da proba que se ha menciona no sistema de avaliación continua, unha segunda e terceira probas que consistirán en a corrección de concepto, de estilo e tipográfica de dous textos elixidos polo profesor.
A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua que se acaba de describir no parágrafo anterior.
O profesor Dr. D. Javier de Agustín Guijarro impartirá tan só un total de 24 horas de docencia (é dicir, 4 sesións a cada un dos 3 grupos) eminentemente prácticas de aplicación dos protocolos de corrección de textos vistos en clase . O resto das horas, é dicir a maioría da docencia da materia, será impartida polo profesor coordinador da materia Dr. D. José Yuste Frías. Ambos os profesores impartirán docencia aos 3 grupos.