Exame de preguntas obxectivas |
Ao longo do curso realizaranse tres probas. A primeira delas terá lugar na semana seguinte á finalización da unidade "Características das línguas de especialidade e realidades afins", que desenvolve os temas 3 e 6 do temario. A segunda, na semana posterior á finalización da unidade "Pautas para a modernización terminológica. Resolución de casos práticos", que desenvolve o tema 5 do temario; e a última proba terá lugar na última semana de docencia da materia.
No caso de non ser posíbel a realización de algunha proba nesas datas, hase trasladar ao primeiro día útil posterior. Cada unha das probas é de realización obrigatoria para poder pasar a materia.
A primeira proba terá un valor de 25% da cualificación final; a segunda, 35% e a terceira, 20%. |
80 |
A1 A2 A4 A5
|
|
C2 C9 C24 C25 C26
|
D6 D13 D15 D17
|
Traballo |
Cada estudante realizará un traballo que será desenvolvido en equipo con outros estudantes e deberá ser entregado no primeiro día de aulas da terceira semana previa à finalización do período de docencia da materia. Posteriormente, os traballos serán expostos nas aulas e avaliados polo docente. A realización desta proba é obrigatoria para poder pasar a materia. |
20 |
|
|
C2 C9 C25 C26
|
D6 D13 D17
|
Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é preciso realizar a totalidade das probas e encomendas formuladas durante o curso. Para aprobar a materia precísase obter como mínimo unha nota media (ponderada) de aprobado no conxunto das probas. As probas consistirán en preguntas de respostas predefinidas, preguntas de resposta curta ou preguntas de resposta longa.
Os estudantes que optaren pola avaliación única serán examinados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da materia, que será de respostas predefinidas, resposta curta ou resposta longa. Tal proba terá lugar na data marcada no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.
Os estudantes que seguiren o procedemento de avaliación continua e non tiveren superado o conxunto das probas e traballos establecidos, ou tiveren perdido a posibilidade de seguir ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou probas, apreciación de plaxio ou copia nalgún dos traballos...), perderán esa convocatoria e deberán dar conta de novo do conxunto da materia. En caso de así desexaren, poderán acudir á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores.
A convocatoria de xullo tamén consistirá nunha única proba, correspondente ao conxunto da materia, e será de respotas predefinidas, respostas curtas ou resposta longa. Terá lugar na data marcada no calendario de exames da FFT.
|