Explicación da programación docente e avaliación desta materia.
Eventos científicos
Asistencia a eventos divulgativos realizados por relatores de prestixio co fin de profundar nos contidos da materia.
Lección maxistral
Nas sesións maxistrais os docentes transmitirán aos estudantes os coñecementos básicos de tipo teórico acerca da tradución especializada e da tradución e interpretación como actividades profesionais. Estimularase a participación dos estudantes mediante o fomento de debates de grupo, treboadas de ideas, etc. Os materiais docentes empregados irán estando à disposición dos estudantes na páxina web da materia (http://webs.uvigo.es/jhpr) segundo for avanzando a docencia da mesma.