|
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou traballo suporá a perda do dereito á avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
AVALIACIÓN CONTINUA
1- O alumnado deberá informar ao profesorado nas dúas primeiras semanas de clase da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a clase e será obrigatoria a entrega de todos os traballos e tarefas.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás aulas deben comunicalo persoalmente ás docentes para que tomen as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e familiar.
3- Non realizar algunha proba ou o encomenda implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria de avaliación única.
4- É necesario aprobar todas as probas para superar a materia.
AVALIACIÓN DE XUÑO
O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame oficial publicada polo decanato coas seguintes condicións:
1- Terá que recuperar a parte que teña pendente (exame_60% ou encomenda_40%)
2- Ou , no caso de que teña ambas, realizará todas as probas de avaliación única e se avaliará según ese sistema
Poderase usar dicionarios e fontes de documentación electrónicas na proba de tradución.
AVALIACIÓN ÚNICA
Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:
1_Proba presencial: exame práctico dunha tradución do francés (40%) e exame teórico (20%) No exame práctico, poderase utilizar dicionarios e fontes de documentación telemáticas.
2_Encomenda: (40%). Só se avaliará esta proba no caso de que se supere a proba presencial.
O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.
Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, as súas características e as estratexias traslativas que ese xénero esixe.
Nun segundo apartado, farase un comentario de dificultades, detallaranse as decisións de tradución e, por último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes de documentación consultadas para a súa elaboración.
|