Presentacións/exposicións |
O alumnado deberá presentar oralmente e por escrito o último día de clase, de maneira individual ou en grupo, un traballo encomendado a principios de curso.
Serán traballos de investigación de campo e/ou lecturas para asimilar os contidos teóricos e desenvolver as competencias tradutivas. |
10 |
A1 A3 A4
|
|
|
D12
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Neste apartado, entregaráselle ao alumnado 1 texto para ser traducido na aula que tente simular situacións reais de traballo (40%).
A data oficial da proba está publicada na páxina web da FFT e coincide coa data da proba para avaliación única da 1ª edición de actas (maio).
A lectura obrigatoria será obxecto de exame oral nas últimas sesións do curso (10%) |
50 |
A1 A2 A3 A4
|
|
C3 C4 C13 C22
|
D4 D7 D8 D22
|
O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non entregue os exercicios nos prazos marcados deberá acollerse á avaliación única e realizar as probas que se especifican nos apartados para non asistentes. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria PARA A 2.ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo) nas condicións que se especifican máis abaixo
1ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) PARA NON ASISTENTES
O exame constará das seguintes partes: . tradución de francés a galego (70% da nota da proba) . comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
. pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará no comezo do cuadrimestre e que se consigna en Faitic (10% da nota da proba).
Pódese usar documentación en papel e telemática.
2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) ASISTENTES E NON ASISTENTES
De non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da nconvocatoria de xullo, que suporá o 100% da materia e terá lugar na data oficial indicada por Decanato.
O exame constará das seguintes partes:
. tradución de francés a galego (70% da nota da proba)
. comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
. pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará no comezo do cuadrimestre e que se consigna en Faitic (10% da nota da proba).
Pódese usar documentación en papel e telemática.
Será preciso aprobar cada unha das partes (mínimo 5/10) para poder facer a media.
O plaxio será penalizado coa cualificación de suspenso. |