Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 10 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
C22
D4
D7
D8
D22
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente e por escrito o último día de clase, de maneira individual ou en grupo, un traballo encomendado a principios de curso.

Serán traballos de investigación de campo e/ou lecturas para asimilar os contidos teóricos e desenvolver as competencias tradutivas.
10 A1
A3
A4
D12
Traballos de aula Realizaranse e entregaranse 2 encomendas de
tradución que contarán respectivamente 10% e 20%.
En ambos os casos, ademais do texto traducido incluiranse un apartado de fontes documentais consultadas e un comentario da tradución.
30 A1
A2
A3
C3
C4
C22
D4
D7
D8
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaráselle ao alumnado 1 texto para ser traducido na aula que tente simular situacións reais de traballo (40%).

A data oficial da proba está publicada na páxina web da FFT e coincide coa data da proba para avaliación única da 1ª edición de actas (maio).

A lectura obrigatoria será obxecto de exame oral nas últimas sesións do curso (10%)
50 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C13
C22
D4
D7
D8
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non entregue os exercicios nos prazos marcados deberá acollerse á avaliación única e realizar as probas que se especifican nos apartados para non asistentes. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria PARA A 2.ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo) nas condicións que se especifican máis abaixo

1ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) PARA NON ASISTENTES


O exame constará das seguintes partes:  . tradución de francés a galego (70% da nota da proba)  . comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)

. pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará no comezo do cuadrimestre e que se consigna en Faitic (10% da nota da proba).

Pódese usar documentación en papel e telemática.



2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) ASISTENTES E NON ASISTENTES

De non superar a materia na primeira convocatoria, o alumnado poderá presentarse ao exame da nconvocatoria de xullo, que suporá o 100% da materia e terá lugar na data oficial indicada por Decanato.
O exame constará das seguintes partes:

. tradución de francés a galego (70% da nota da proba)
. comentario que xustifique as propostas de tradución (20% da nota da proba)
. pregunta(s) sobre a lectura obrigatoria, que se indicará no comezo do cuadrimestre e que se consigna en Faitic (10% da nota da proba).

Pódese usar documentación en papel e telemática.

Será preciso aprobar cada unha das partes (mínimo 5/10) para poder facer a media.

O plaxio será penalizado coa cualificación de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000