Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Aprendizaxe baseado en proxectos O alumnado realizará un proxecto que se entregará durante as últimas dúas semanas de clase, nunha data que quedará especificada en Faitic. 20 CE1
CE2
CE4
CE10
CE18
CE22
CT3
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos asumirán a realización dun proxecto de tradución/revisión en equipo para o que se darán as instrucións precisas ao comezo do cuadrimestre. Este proxecto deberá ser entregado na semana 10 do cuadrimestre.

De haber algún cambio con respecto ás datas, comunicaríase con suficiente antelación ao alumnado a través de Faitic.
20
Resolución de problemas de forma autónoma Haberá dúas encomendas de tradución/revisión. A primeira será para entregar na semana 06 do cuadrimestre e suporá un 20% da nota. A segunda será para entregar na semana 13 do cuadrimestre e suporá un 30% da nota.

De haber algún cambio con respecto ás datas, comunicaríase con suficiente antelación ao alumnado a través de Faitic.
50 CE17
CE29
CE31
CT2
CT4
Presentación O alumnado presentará o seu proxecto na clase, diante dos compañeiros e da profesora, durante as últimas dúas semanas en horario de clase, nunha data que quedará especificada en Faitic. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito á docente nas dúas primeiras semanas do cuadimestre por cal deles opta.

Avaliación continua

O alumnado deberá seguir os requirimentos arriba indicados.

Avaliación única

O alumnado que siga o sistema de avaliación única deberá presentarse na data e a aula marcadas no calendario oficial para ser avaliado de todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 30% da nota da materia) como prácticos (o 70% da nota).

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse, para buscar as alternativas correspondentes.

Segunda edición de actas

O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda. Para iso deberá presentarse na data e a aula marcadas no calendario oficial para ser avaliado de todos os contidos da materia, tanto teóricos (nunha proba que suporá o 30% da nota da materia) como prácticos (o 70% da nota).

.

O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse, para buscar as alternativas correspondentes.

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular.O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias á docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000