Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma Lecturas obrigatorias individuais (10%). 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE1
CE2
CE4
CE24
CT4
CT8
CT15
CT18
Traballo Realización de dúas encomendas de tradución individuais (50%). 50 CB2
CE1
CE2
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CE24
CE30
CT4
CT7
CT8
CT15
CT16
CT18
CT22
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final da materia (40%). 40 CB5
CE1
CE2
CE4
CE8
CE17
CE18
CE22
CE24
CE30
CT4
CT7
CT8
CT15
CT16
CT18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (MAIO-XUÑO DE 2021)

Avaliación única

O alumnado de avaliación única deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser que o equipo docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica para a realización da proba. No caso de que a docencia se imparta polas modalidades non presencial ou mixta, o exame se desenvolverá telematicamente e a súa duración será de 2 horas.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado como non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ao equipo docente a súa intención de presentarse. Nese caso o equipo docente lle comunicará por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO-XULLO DE 2021)

Avaliación continua

O alumnado de avaliación continua que non aprobase na convocatoria da primeira edición de actas deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada polo Vicedecanato de Organización Académica. Este exame consistirá nunha tradución gl>fr con tempo limitado (2 horas). Esta proba representará o 100% da nota. A non ser que o equipo docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica para a realización da proba. No caso de que a docencia se imparta polas modalidades non presencial ou mixta, o exame se desenvolverá telematicamente e a súa duración será de 2 horas.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado como non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ao equipo docente a súa intención de presentarse. Nese caso o equipo docente lle comunicará por vía telemática as instrucións a seguir para que se poida presentar con normalidade.

OUTROS COMENTARIOS

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ao sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O docente poderá excluír do sistema de avaliación continua aquel alumnado que de forma non xustificada falte a máis de tres sesións no cuadrimestre. O alumnado excluído do sistema de avaliación continua pasará a avaliarse polo sistema de avaliación única.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas ou polas súas circunstancias laborais non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ao equipo docente. Este arbitrará outros sistemas de control da participación na materia mediante traballos de curso con prazos en Moovi.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000