Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, III: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo previo Lectura e análise da bibliografía obrigatoria.
Lección maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que se implementarán mediante diferentes tarefas dentro e fose da aula para que o alumno adquira e mellore as súas competencias.
Actividades introdutorias A primeira sesión presencial dedicarase a explicar os obxectivos, temario, avaliación e metodoloxía docente.
Uso de Moovi. É responsabilidade do alumnado consultar as novidades e os materiais e estar atento ás probas e tarefas solicitadas.
Seminario As titorías en grupos permitirán o comentario ou revisión das encomendas e entregas obrigatorias.
Resolución de problemas de forma autónoma Os aspectos teóricos exercitaranse mediante a realización de diferentes tarefas dunha maneira individual e na casa.
Traballo tutelado Formularanse tarefas de todo tipo en base aos obxectivos e competencias pertinentes, o que lle permitirá ao alumno fomentar o espírito crítico, o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe.
Resolución de problemas En grupos ou en parellas os alumnos terán que realizar diversas tarefas para implementar os coñecementos teóricos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000