Guia docente 2026_27
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución Idioma 2, II: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma A avaliación realizarase por medio de traballos de aula e encargos de tradución que se distribuirán ao longo do cuadrimestre.

A distribución será a que segue:

1. Entrega en prazo de actividades e encargos de tradución e participación
nas revisións de clase (20%)

2. Dous encargos e/ou probas de tradución. Poderá esixirse que polo menos algún deles se leve a cabo durante horas de aula e con acceso limitado a recursos dispoñibles na internet (40% cada un deses dous encargos e/ou probas de tradución)
1) 20

2.1) 40

2.2) 40
A1
A2
A4
C2
C17
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente materia pode
cursarse, na primeira convocatoria anual, en réxime de avaliación continua (en
que se avaliará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación única (exame oficial).
No entanto, na
convocatoria de xuño-xullo só é posible o réxime de avaliación única (exame
oficial).



Na primeira
convocatoria anual enténdese que a/o estudante opta polo réxime de avaliación
continua cando realiza algunha das actividades correspondentes a esta
modalidade de avaliación. Para superar a avaliación continua, a/o estudante
deberá obter unha cualificación aprobatoria na media aritmética ponderada das
cualificacións nas diferentes probas (ningunha das cualificacións parciais
poderá en principio ser inferior a 4 sobre 10). As/os estudantes que non
superen a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán
realizar o exame oficial da convocatoria de xuño-xullo.



O exame
oficial da materia (convocatorias de maio [data, hora e lugar establecidos polo
Decanato] e xuño-xullo [data, hora e lugar establecidos polo Decanato])
constará dunha parte práctica (100%) consistente nunha ou dúas traducións sobre
temas tratados na aula.



A copia ou
plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá
como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do
que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade
neste aspecto.



É
responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades
relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así como estar ao tanto das
datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Debido ao carácter práctico
da materia e á necesidade de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia á
clase, se ben esta non é obrigatoria.



Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do
español nin do portugués. Considérase que o estudantado xa posúe un bo nivel do
seu idioma 2. Para
poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000