Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Sesión maxistral
A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para os non asistentes), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución.
10
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE13
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado deberá elaborar traducións fóra da aula baixo as directrices e supervisión da profesora así como outros exercicios. 25
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT22
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula. Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de todas as traducións na plataforma FAITIC debidamente identificadas para a súa corrección e avaliación definitiva: APELIDOS+NOME+NOME DOCUMENTO. 25
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
Probas de resposta curta Ficha para avaliar a lectura da obra obrigatoria. PROBA ORAL que se realizará na aula o último día de clase (18-12-2015). 5
CB1
CE4
CE13
CT12
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula dúas (2) probas de tradución en tempo limitado (1h 45' cada proba).
A primeira contará 10% e a segunda 25%.
A 1ª (10%) coincidirá co último día de aulas antes do periodo de traballo autónomo (semana do 30-10-2015)A 2ª (25%) coincidirá co penúltimo día de aulas do 1º cuadrimestre (semana 14-12-2015).
Poderase usar documentación en papel e telemática.
35
CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio será motivo de suspenso.

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma FAITIC nos prazos marcados pola profesora.  O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo para non asistentes.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo). 

Especifícanse a continuación as condicións:

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS PARA NON ASISTENTES

1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución con tempo limitado (1h 45') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 35% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática.

3.Encomenda de tradución comentada que recibirá o alumnado o día da proba con tempo limitado (14-12-2015) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota

4.PROBA ORAL que se realizará na semana do 18-12-2015

B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución en tempo limitado (1h 45') dunha extensión aproximada de 500-600 palabras: 40% da nota. Poderase usar documentación en papel e telemática

3. Encomenda de tradución comentada que recibirá o alumnado o día do exame oficial e día da proba na aula en tempo limitado (páxina web da FFT) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda nun máximo de 4 días naturais: 40% da nota.

4.PROBA ORAL que se fixará o día da tradución en tempo limitado

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000