Prácticas en aulas de informática |
Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. TERANSE EN CONTA PARA PRECISAR A NOTA FINAL. |
0 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos para cada unidade. |
20 |
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Consistirá nunha proba teórico-práctica de resolución de problemas puntuais de tradución a presentados a través de microtextos semellantes aos estudados na clase. O alumno poderá levar material de apoio ao exame (power points, apuntamentos, internet, dicionarios etc.). |
70 |
AVALIACIÓN CONTINUA: (recomendada) A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. Se algunha persoa non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) o alumno non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. O alumno que non supere a materia e teña que acudir á proba de xullo (2ª edición de actas) deberá superar un exame con todos os contidos de toda a materia (ver condicións, semellantes ás da avaliación única). AVALIACIÓN ÚNICA:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse á proba final o día 9 de decembro. O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do cuatrimestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador (procesador de textos, dicionarios instalados e apuntamentos) e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. PÓDESE INCLUÍR UNHA PREGUNTA NAS PROBAS SOBRE A OBRA LITERARIA
OBRIGATORIA DE CURSO (sobre o argumento, fragmento para traducir, etc.).
|