Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos O estudantado desenvolverá un proxecto colaborativo en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase ao comezo do curso, momento en que se lle entregará ao estudantado unha guía detallada coa descrición dos obxectivos do proxecto, a planificación das actividades e o peso de cada unha das actividades dentro do proxecto. Na guía tamén se indicarán as datas específicas de entrega de cada unha das actividades incluídas no proxecto e os principais criterios de avaliación. 45 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C8
C14
C20
C25
C26
C32
D6
D9
D12
D13
D15
D16
D22
D23
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma De xeito individual, o alumnado debe confeccionar unha entrada de blog en que REFLEXIONE sobre un aspecto da cultura dun ou varios dos países angloparlantes tratados durante o curso. Ao comezo de curso asignaráselle a cada estudante unha data de entrega e explicaranse os criterios de corrección da actividade, información que estará publicada en FAITIC. 25 A2
A3
A4
C2
C8
C14
C25
D9
D23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba teórica individual de resposta longa que se desenvolverá na última sesión de clase do curso. A data exacta comunicarase con suficiente antelación a todo o alumnado matriculado a través de FAITIC. É obrigatorio obter como mínimo a cualificación de aprobado nesta proba para poder aprobar a asignatura. 30 A1
A2
C2
C25
C26
D9
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos
Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do
alumnado. Xa que logo, o alumnado ten dereito a ser avaliado dúas veces por
curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. O
alumnado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser
documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a
vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha
consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas na
primeira semana do curso ou no momento en se produzan para que a docente poida
adoptar as medidas oportunas.

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a
cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no réxime de
avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación
única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante
neste mesmo apartado.

 

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO): 

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación
correspóndese co sistema de avaliación continua. O sistema de avaliación
continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes
matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación.

Esixencias do sistema de avaliación continua:

- Deixar constancia por escrito a través da plataforma TEMA da vontade de
acollerse á modalidade de avaliación continua na primeira semana do curso.

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao
longo do curso,
 incluídas aquelas que non teñen peso na
cualificación final. 
Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as
seguintes: 

a) Proxecto de grupo.

b) Entrega individual.

c) Proba teórica de resposta longa, que será obrigatorio aprobar para aprobar a asignatura.

Para o desenvolvemento da proba teórica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

A PROBA TEÓRICA REALIZARASE NA ÚLTIMA SESIÓN DE CLASE DA MATERIA (ENTRE O 2 E O 5 DE MAIO DE 2017) EN HORARIO DE CLASE. AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA FAITIC.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Criterios de avaliación empregados no sistema de
avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo
ou proba explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para que todo o alumnado
matriculado na materia poida acceder a eles.

De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou
exercicios, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-       Cometan máis de
dúas faltas de ortografía. 

-       Incurran en
plaxio total ou parcialmente.

-       Incumplan as
instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.







EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES
QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA
RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de FAITIC
durante a primeira semana do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema
de avaliación continua
, perderá o dereito á avaliación continua e
formativa, mais terá dereito a avaliación na data oficial fixada
polo Decanato. A avaliación única constará das seguintes probas e traballos:

1. Entrega dun traballo individual sobre os contidos establecidos para a materia segundo as directrices proporcionadas ao comezo do curso. De maneira xeral, o traballo cubrirá todos os aspectos do temario e todos os países estudados* (40%).

2. Proba teórica de resposta longa (60%). Será obrigatorio obter como mínimo a cualificación de aprobado na proba teórica para aprobar a asignatura.

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios
telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un
xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela
persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial,
terá dereito a ser examinado noutra data.

Na avaliación única obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan dúas faltas de ortografía. 

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

- Incumplan as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.







SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO): 

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA OPORTUNIDADE, O ALUMNADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE
CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase
o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):


1. Proba teórica. (30%)


2. Proba de aplicación da teoría a un estudo de caso (70%).


Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos.


EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA
O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA.


Na avaliación de xullo obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan dúas faltas de ortografía. 

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

- Incumplan as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.















Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000