Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo As titorías en grupos permitirán a orientación, comentario e revisión das tarefas encomendadas.
Proxectos O proxecto incluirá tarefas de diferentes tipos que lle permitan ao alumnado fomentar o espíritu crítico, desenvolver adecuadamente o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe, e acadar as competencias previstas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma De xeito individual, en grupos ou en parellas os alumnos terán que realizar as diversas tarefas que se especificarán ao longo do curso para implementar os coñecementos teóricos e demostrar as súas competencias.
Sesión maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos.
Presentacións/exposicións O estudantado comunicará os resultados da súa investigación mediante exposicións orais.
Actividades introdutorias A primeira sesión principal dedicarase a explicar e comentar os contidos, metodoloxía e avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000