Aprendizaxe baseado en proxectos |
O proxecto de investigación, que se levará a cabo en grupo, incluirá tarefas de diferentes tipos que lle permitan ao alumnado fomentar o espíritu crítico, desenvolver adecuadamente o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe, e acadar os coñecementos e as competencias previstos. |
Lección maxistral |
Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos. As sesións maxistrais servirán para proporcionar un fío condutor para o proxecto en grupo. |
Actividades introdutorias |
A primeira sesión do curso dedicarase a explicar e comentar os contidos, a metodoloxía e a avaliación e a resolver dúbidas sobre a guía para o estudantado que estará publicada en Faitic. |