Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A primeira sesión do curso dedicarase a explicar e comentar os contidos, a metodoloxía e a avaliación e a resolver dúbidas sobre a guía para o estudantado que estará publicada en MooVi.
Aprendizaxe baseado en proxectos O proxecto de investigación, que se levará a cabo en grupo, incluirá tarefas de diferentes tipos que lle permitan ao estudantado fomentar o espíritu crítico, desenvolver adecuadamente o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe, e acadar os coñecementos e as competencias previstos.
Flipped Learning Para estas sesións o estudantado preparará, antes das clases presenciais, unha serie de contidos teóricos correspondentes ao primeira tema dos contidos. Sobre estes contidos traballarase a través de actividades guiadas pola profesora.
Lección maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos. As sesións maxistrais servirán para proporcionar un fío condutor para o proxecto en grupo.
Resolución de problemas de forma autónoma De xeito individual, en grupos ou en parellas o estudantado terá que realizar as diversas tarefas que se especificarán ao longo do curso para implementar os coñecementos teóricos e demostrar as súas competencias.
Seminario As titorías en grupos permitirán a orientación, comentario e revisión das tarefas encomendadas.
Presentación O estudantado comunicará os resultados da súa investigación mediante exposicións orais programadas que se irán desenvolvendo ao longo do curso.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal