|
1. Avaliación continua
A participación do/a estudante nalgunha das actividades da avaliación continua que se realicen a partir da segunda semana de aulas implicará a súa inclusión nesta modalidade de avaliación. No caso de obter no conxunto das probas unha nota media igual ou superior a 5/10, considerarase que o/a estudante superou a avaliación continua. Trátase da media ponderada resultante das porcentaxes indicadas para cada tipo de proba. De non superar a avaliación continua, o/a estudante deberá someterse á avaliación de todo o temario na convocatoria de xuño/xullo. No caso de que se detecte plaxio ou copia nalgunha das tarefas da avaliación continua, sen que exista algunha especificación que o xustifique na formulación da tarefa encomendada, o/a estudante perderá a convocatoria, podendo presentarse á convocatoria de xuño/xullo.
2. Avaliación única
Os/as estudantes que non realizasen ningunha das probas ou tarefas indicadas no programa para a avaliación continua a partir da segunda semana de aulas poderán acollerse á avaliación única. Esta proba consistirá nunha ou varias tarefas de resolución de problemas e/ou exercicios, representando o 100 % da cualificación da materia. No caso de que se detecte plaxio ou copia nalgunha das tarefas da avaliación única, sen que exista algunha especificación que o xustifique na formulación da(s) tarefa(s), o/a estudante perderá a convocatoria, podendo presentarse á convocatoria de xuño/xullo.
3. Convocatoria de xuño/xullo
O/a estudante que non consiga superar a materia na convocatoria de maio poderá presentarse co conxunto da materia á convocatoria de xuño/xullo. Esta proba consistirá nunha ou varias tarefas de resolución de problemas e/ou exercicios, representando o 100 % da cualificación da materia. No caso de que se detecte plaxio ou copia nalgunha das tarefas da proba correspondente á convocatoria de xuño/xullo, sen que exista algunha especificación que o xustifique na formulación da(s) tarefa(s), o/a estudante perderá esta convocatoria.
|