A Xosé Manuel Dasilva Fernández (12 horas) correspóndelle cualificar sobre
2,5 puntos. A Jacobo Currais Arcay (36 horas) correspóndelle cualificar sobre
7,5 puntos. Estes son os comentarios de avaliación relativos a Xosé Manuel Dasilva
Fernández: O estudantado que escolla o sistema de avaliación continua realizará un traballo de
tradución, cuxo valor máximo será 2,5
puntos, a partir dun conxunto de textos proposto polo docente. Alén diso, existe un sistema de avaliación única, destinado ao estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua para a convocatoria da primeira edición de actas
e a todo o estudantado para a convocatoria da segunda edición de actas,
consistente nun exame con exercicios de tradución relativos aos
contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais
lexicográficos en formato papel. As datas do devandito exame da convocatoria da
primeira edición de actas e da convocatoria da segunda edición de actas serán
fixadas no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. Expóñense os criterios de avaliación referentes a Jacobo Currais Arcay: A avaliación continua correspondente ao segmento da materia impartido por este docente realizarase a partir dun ou varios encargos e/ou probas de tradución que reproduzan as caracteristicas da práctica profesional e que consistan en textos de xéneros textuais traballados na aula. Poderá esixirse que algún dos mencionados encargos e/ou probas de tradución se leve a cabo durante horas de aula e con acceso limitado a recursos dispoñibles na Internet. A nota final correspondente a este tramo da docencia será a media aritmética das puntacións obtidas nos encargos e/ou probas de tradución realizados e terá un valor máximo de 7,5 puntos no conxunto da cualificación da materia. A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do portugués. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 2. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español. |