Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e as prácticas autónomas realizadas ou presentadas na aula. 10 CB1
CB2
CB3
CE2
CE3
CE4
CE17
CT4
CT7
CT9
CT12
CT14
Prácticas en aulas informáticas Avaliaranse conxuntamente cos traballos de aula e as prácticas autónomas a través de TIC. 0 CB1
CB3
CT3
CT4
CT7
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente coas prácticas en aulas de informática e os traballos de aula. 0 CB3
CE17
Presentacións/exposicións cf. "Traballos tutelados"
A presentación realizarase antes do 10 de abril.
10 CB2
CB3
CE2
CE3
CT3
CT9
CT14
Traballo tutelado Cf. "Traballos tutelados" en "Metodoloxía docente". O traballo, que se fará individualmente ou en grupos de 2 persoas (dependendo do núm. de alumnado
matriculado na materia), deberá ser exposto na aula antes do 15 de abril. Entregarase unha sinopse do traballo (data límite: 30 de abril).
A exposición do traballo (estruturación da
presentación, retórica, etc.) do traballo contará un 10 % (cf. Presentacións/Exposicións); o resumo un
10%. A/O alumna/o contará coa tutela da profesora.
O alumnado acordará coa profesora o tema do traballo antes do 25 de febreiro.
10 CB2
CB3
CE2
CE3
CT3
CT9
CT14
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios propostos. 10 CB1
CB2
CB3
CB5
CE3
CE4
CT3
CT4
CT7
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na tradución dun texto de aprox. 200 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo do semestre. Poderá incluír un comentario.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
60 CB1
CB2
CB3
CB5
CE2
CE3
CE4
CE17
CT4
CT7
CT9
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Data de entrega dos traballos tutelados: cf. supra "Avaliación"

A data e hora da proba de avaliación continua coincidirá coa data e hora do exame de avaliación única establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única (maio):

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ó total dos contidos abordados ó longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva. A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Convocatoria de xullo:

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

O exame de xullo incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas ou cuestións de estilística contrastiva.

A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. Os exercicios do exame realizaranse en papel.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000