Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións realizadas na aula, revisións de traducións, controis de lecturas de textos académicos, ou outros que propoña a docente. A efectos de avaliación terase en conta a participación activa. Será obrigatoria a entrega de polo menos tres traballos para a súa corrección e avaliación.
15 C1
C2
C4
C17
D2
D4
D7
D9
D14
D17
D22
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma O alumnado realizará individualmente 2 encargos de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula.
O primeiro encargo realizarase a semana do 5 ao 11 de marzo. O segundo encargo acordarase en clase co alumnado.
35 C1
C2
C4
C17
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D14
D15
D17
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba).
A primeira terá lugar a terceira semana de marzo, e a segunda, denominada proba final, o día sinalado no calendario de exames da convocatoria de maio da FFT.
a) So poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares. Non se poderá empregar o computador nin calquera outro dispositivo electrónico.
b) A nota deste apartado será a media entre ambas as probas.
A nota deste apartado será a media entre ambas as probas. Se a segunda proba obtén unha cualificación superior en polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda nota para calcular a porcentaxe.
50 C1
C2
C4
C17
D2
D4
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da
plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega
de traballos, probas, etc.


O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a
perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas
de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente
algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.



AVALIACIÓN CONTINUA



1- O
alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa
decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a
asistencia continuada a clase.



2- Aquelas persoas
que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás
clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as
medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.



3- O feito de non
entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas
implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas
cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse á
convocatoria única



4- O
alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso
deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na
data de exame publicada polo decanato.



a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución
(35 %) e Traballos de aula (15 %)
, só deberá realizar unha proba en tempo limitado
similar á proba final de decembro.



b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos
dous apartados: Encargos de tradución (35 %) e Traballos de aula (15 %)

terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:.



1.
Tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. Só se poderá
usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non
de apuntamentos propios ou similares.



2. Encargo
de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá
entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7
días naturais: 40% da nota



No caso b)
a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media
entre partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o
encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.



CONVOCATORIA ÚNICA (MAIO E XULLO)



O alumnado
que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos
anteriores presentarase na data oficial do exame (xaneiro ou xullo
segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que
consistirá en:



1.
Tradución con tempo limitado (2 horas): 60 % da nota. Soamente poderase
usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar
o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non
de apuntamentos propios ou similares.



2. Encargo
de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá
entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7
días naturais: 40 % da nota.



A nota
mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as
partes será dun 5 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o
encargo de tradución e a nota final será a do exame.



ALUMNADO
ERASMUS



Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do francés. Considérase
que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.



Para poder
cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.



Non se recomenda
seguir esta materia a aquel alumnado que:



1. Non teña
como primeira ou segunda lingua de traballo o español.



2- Non curse
estudos de linguas ou tradución. 



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000