Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Estes traballos consistirán en traducións elaboradas na aula en tempo controlada, revisión de traducións ou outros exercicios propostos polos docentes que están en relación cos contidos da materia. Será obrigatoria a entrega de polo menos 3 para a súa corrección e avaliación. 10 C1
C2
C4
C17
C18
D2
D4
D7
D9
D14
D17
D22
Estudos/actividades previos O alumnado ha de contestar un cuestionario relativo aos contidos das lecturas obrigatorias que se indicarán en FAITIC. Algunha delas pode non ser de índole académico, senón literaria. 5 C1
C2
D2
D9
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado realizará individualmente 2 encargos de tradución que reproducen situacións reais da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula. O primeiro encargo realizarase a mediados de cuadrimestre. O segundo encargo a penúltima semana de clases de 2017
A nota deste apartado será a media entre ambas as probas. Se a segunda proba obtén unha cualificación superior en polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda mellor nota para calcular a porcentaxe.
25 C1
C2
C4
C17
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D9
D14
D15
D17
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse na aula dúas probas de tradución con tempo limitado (2 horas cada proba). A segunda, denominada proba final, terá lugar na data de maio fixada para esta materia pola FFT

a) Só se poderán empregarán dicionarios, gramáticas ou libros de estilo en papel. Non se poderán usar medios de consulta telemáticos, nin apuntamentos propios ou textos previamente corrixidos.

*b) A nota deste apartado será a media entre ambas as probas. Se a segunda proba obtén unha cualificación superior en polo menos un (1) punto que a primeira, entón só contará a segunda mellor nota para calcular a porcentaxe.
60 C1
C2
C4
C17
C18
D2
D4
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar  ao tanto das datas de entrega de traballos, probas, etc.

AVALIACIÓN CONTINUA
1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.
3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente.Terá entón que presentarse á convocatoria única
4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato.

a) Se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (25%) e Traballos de aula (10%), só deberá realizar unha proba en tempo limitado similar á proba final de maio.

*b) Se non se ten unha nota media superior a 5 nos dous apartados: Encargos de tradución (25%) e Traballos de aula (10%) terá que realizar obrigatoriamente as probas que se especifican a continuación:
1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 65% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.
2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 35% da nota.
No caso *b) a nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame con tempo limitado.
O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

CONVOCATORIA ÚNICA (MAIO E XULLO)
O alumnado que non se acolla á avaliación continua ou que teña a materia pendente de cursos anteriores presentarase na data oficial do exame (maio ou xullo segundo corresponda) de xaneiro publicada polo decanato a unha proba que consistirá en:
1. Tradución con tempo limitado (2 horas): 65% da nota. Soamente poderase usar documentación en papel que debe levar o alumnado e non se poderá empregar o computador. Permitirase unicamente o uso de libros e dicionarios, pero non de apuntamentos propios ou similares.

2. Encargo de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no devandito encargo nun máximo de 7 días naturais: 35% da nota.
A nota mínima da tradución con tempo limitado para facer a media entre ambas as partes será dun 4 sobre 10. De non alcanzar esta nota, non se contará o encargo de tradución e a nota final será a do exame.
O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O exercicio ou traballo que fose obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática.

ALUMNADO ERASMUS

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do mesmo.
Para poder cursar a materia recoméndase un nivel B2 de español.

Non se recomenda seguir esta materia a aquel alumnado que:
1. Non teña como primeira lingua de traballo o español
2. Non curse estudos de linguas e literatura, tradución ou linguas aplicadas.
En caso de reunir algunha ou ambas as condicións, realizarase o primeiro día de clase unha proba de redacción e/ou tradución en español para comprobar que ten o nivel requirido.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000