Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos de forma autónoma e expostos nas sesións presenciais. 10 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC. 10 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
Traballos tutelados Haberá dous traballos de entrega obrigatoria para o alumnado que siga a avaliación continua (20% para cada traballo). Un deles consistirá nun traballo de investigación sobre algún aspecto da cultura ou da lingua orixe (da cultura ou da lingua meta no caso de alumnado de intercambio) que poida presentar dificultades para a tradución. Este traballo deberá ser exposto na aula. O outro consistirá nunha encomenda de tradución. O texto para traducir e as instrucións da encomenda entregaranse ao alumnado o último día de aulas do cuadrimestre. Disporase dun prazo dunha semana para entregar a tradución. En ambos os casos (traballo de documentación/exposición e encomenda de tradución), o alumnado contará coa tutela da profesora. 40 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá nun exame que incluirá como exercicio principal a tradución dun texto que abordará varios temas estudados ao longo do semestre (aprox. 200 palabras). Incluirá ademais un comentario de tradución ou preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas no texto. As dúas probas avaliaranse conforme á seguinte proporción: 85% para o exercicio de tradución e 15% para o exercicio de comentario/preguntas. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame terá lugar o último día de aulas. 40 CE2
CE3
CE4
CE8
CE17
CT6
CT7
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino presencial para a materia. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un 80% das aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente e presentar os xustificantes correspondentes.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se, por causa de forza maior (traballo, enfermidade...), a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única.

Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobada cada unha das avaliacións das distintas metodoloxías.

O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única: 

O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas (coincidindo co de avaliación contínua). De non superar a materia nesta primeira edición de actas, disporase dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). Neste caso, a proba terá lugar na data fixada pola Facultade.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (85%), un comentario ou preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas na tradución (10%) e unha pregunta de control de lectura (5%).

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000