Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental nas horas presenciais, farase o traballo previo de análise. Logo, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, farase unha posta en común e corrixiranse os traballos. Esta tarefa poderán realizala na aula ou en biblioteca, titorizados en tempo real a través de faitic pola profesora. |
Traballos tutelados |
Inclúense aquí os dous traballos que o alumnado debe realizar obrigatoriamente para a avaliación continua (cada un computa un 20% da nota final). Nun caso, o traballo será fundamentalmente de investigación sobre algún aspecto da cultura ou da lingua orixe que poida presentar dificultades para a tradución. O outro consistirá nunha encomenda de tradución. En ambos os casos, o alumnado contará coa tutela da profesora. Durante o tempo de ensino presencial dedicado a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
|
Actividades introdutorias |
Actividades de presentación da materia. En especial, explicarase o sistema de avaliación, a bibliografía recomendada e de lectura obrigatoria.
**O alumnado de intercambio deberá facer unha proba de nivel. Dependendo do resultado, recomendaráselles matricularse (ou non) na materia. |