Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Exposición de contidos e observación da atención e participación do alumnado. 15
Resolución de problemas Exercicios orais e escritos breves a realizar durante as clases. 15
Traballo tutelado Realización/presentación de varios traballos en grupos ou individuais sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona). 25
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso. O exame realizarase na última sesión de clase. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba escrita sobre contidos de civilización lusófona e sobre elementos de tradución e cultura (a realizar en marzo). 15
Práctica de laboratorio Diferentes exercicios prácticos orais a realizar nas clases. Exercicios de tradución oral. Proba oral individual (última semana de clase). 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe elixir, de forma obrigatoria,
nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de
avaliación continua (cf. descrición en
"avaliación") ou un sistema de avaliación única.

É recomendable elixir o primeiro sistema, avaliación
continua, 
xa que se trata do ensino dunha lingua estranxeira e é
necesario asistir con regularidade ás clases. Quen non teña a posibilidade de
asistir ás clases e ás actividades da materia coa frecuencia necesaria debe
comunicalo ao profesor. A non realización das probas ou exercicios parciais,
previstos polo sistema de avaliación continua, supón o suspenso cunha nota de 0
(cero) puntos na mesma.

Primeira edición das actas

avaliación única consiste nun exame escrito, realizado
en data indicada no calendario oficial da FFT, seguido doutro exame oral, que
será realizado no mesmo día nunha aula continua. A avaliación única será
valorada da seguinte maneira:

1. Exame escrito teórico-práctico: 75% da nota final.

2. Exame oral: 25% da nota final. A proba oral deberá ser gravada en forma
de audio coa debida autorización do alumnado.

Para poder aprobar a materia, é necesario aprobar ambos os exames (escrito
e oral). No caso de que se suspenda un dos exames, o alumno/a deberá repetir as
dúas partes (escrita e oral) na convocatoria de xullo.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación serán aplicados na segunda edición das
actas (xullo). A data do exame coincidirá coa data destacada no calendario
oficial da FFT.

Consideracións xerais

Copia ou plaxio nos exames de avaliación continua ou única serán
penalizados cun suspenso (0 puntos).

Recoméndase a asistencia regular ás clases e ás titorías, así como a
consulta regular de materiais e información específica na plataforma Faitic.

As datas e os
horarios das probas nas súas diferentes convocatorias seguirán o calendario
oficial de exames aprobado pola Facultade para o ano académico 2019-2020.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000