Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentacións orais baseados en temas tratados durante o curso e redacción e entrega dos diferentes tipos de textos escritos estudados durante o curso 40 A1
A2
A4
C1
C2
C4
C8
C18
C24
C25
D2
D14
D15
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. 1ª proba de avaliación das destrezas reading e listening 20 A1
A2
A3
A5
C1
C2
C4
C13
C18
C24
C25
D2
D4
D15
D22
Probas de resposta curta Probas de resposta curta sobre use of English 20 A1
A2
A3
A4
C1
C2
C4
C13
C18
C24
C25
D2
D14
D15
D22
Outras 2ª proba de avaliación das destrezas reading e listening 20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C4
C18
C24
D2
D4
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá poñer en coñecemento do docente a cal das opcións se acolle. Aqueles que se acollan á avaliación continua deberán entregar ao longo das dúas primeiras semanas do cuadrimestre unha ficha cuberta e cunha fotografía. A non comunicación, entrega da ficha e/ou non realización das probas previstas para a primeira metade do cuadrimestre suporán automaticamente a avaliación única.

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia.

A.1) Avaliación continua

Para acollerse á avaliación continua o alumnado debe realizar as tarefas que se lles requiran e entregalas a través da plataforma Faitic nas datas establecidas así como todas as probas de avaliación, e para superar a avaliación será necesario:

1) Aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening,speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na segunda edición de actas (xullo)o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.

2) Realizar4 traballos escritos (20%), 2 probas de comprensión oral (20%), 2 probas decomprensión escrita (20%), 2 tests de resposta curta (20%) e 2 presentacións orais (20%). As datas de entrega dos traballos e da realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic ao incio do cuadrimestre.

3) Os 4 traballos escritos serán entregados ao longo do cuadrimestre. As probas de comprensión oral e escrita serán realizadas xuntas en dous parciais, un dos cales terá lugar aproximadamente na metade do cuadrimestre e outro na data oficial de exame que terá a materia. Os test de resposta curta para a avaliación do Use of English terán lugar tamén a mediados do cuadrimestre e cara ao final do mesmo. En canto ás presentacións orais, a primeira será a mediados do cuadrimestre e a outra no derradeiro día de docencia. Todas as datas serán concretadas ao comezo do cuadrimestre a través da plataforma faitic.

A avaliacióncontinua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades conregularidade ao longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clasenon son recuperables. As probas e os traballos que os alumnos nonentreguen por non asistir a clase contarán como un “0” e as calificacións inferiores a un "3" nas distintas probas, presentacións e traballos tamén contarán como un "0" á hora de calcular as medias.

A.2)Avaliación única

O alumnadoque non asista ás clases con regularidade nin realice ninguna proba parcialpoderá presentarse á availación única que consistirá nunha única proba global finalque computará o 100% da cualificación final. A probaúnica constará das seguintes partes:

- Use of English (20%), writing(20%), speaking (20%), reading (20%), listening(20%)

Para superardita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as partesaprobadas para a segunda edición das actas. A proba realizarase na data oficial de exame asiganda á materia agás a proba de expresión oral para a que o alumnado terá que porse en contacto co docente para acordar unha data.

B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2016):

O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición das actas:

- Use of English (20%), writing (20%), speaking (20%), reading (20%), listening(20%)

Para superar esta avaliación o alumnado ten que aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada pola súa paxina web.

Todas as probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “CambridgeAdvanced English” e as indicacións fixadas para o nivel C1 no Marco Europeo de Referencia para o Ensino das Linguas.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador,conexión a internet ou outros medios electrónicos.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados ou nas presentacións orais suporá o suspenso automático na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000