Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións orais e traballos escritos baseados na lectura de diferentes textos da actualidade. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. probas prácticas de execución de tarefas relacionadas coas destrezas de comprensión (listening e reading) 20
Probas de resposta curta Exercicios prácticos sobre os contidos gramaticais e léxicos (Use of English) 10
Outras Proba final sobre todos os contidos comunicativos e lingüísticos do curso 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia.

O
alumnado de avaliación continua ten que declararse por escrito como
asistentes de avaliación continua na segunda ou terceira clase teórica
da materia e para iso entregarán unha ficha ó profesorado.

Para poder superar o sistema de avaliación continua o alumnado deberá:

1) asistir ao 80% das horas presenciais
(tanto de horas teóricas como das prácticas). De non facelo perderá o
dereito á avaliación continua e terá que presentarse á avaliación única
(proba global). A posibilidade de faltar ao 20% das sesións presenciais
xa contempla as faltas por emerxencias e por enfermidade, por tanto no
se aceptará xustificación das faltas agás en casos moi limitados e
excepcionais.

2) aprobar
cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening,
speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English)
. Na segunda edición de actas (xullo) o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas.

Computáraselle un 60% da cualificación final co traballo e probas do curso (4
traballos escritos, 1 presentación oral, 1 proba de comprensión escrita
e outra de comprensión oral)  e un 40% coa proba final. A proba final
realizarase  durante os días 27 e 30 de abril, a parte escrita,  nas
horas de clase, e o día 4 de maio a parte oral. A parte escrita
constará dun test de resposta curta sobre os contidos gramaticais e
léxicos (Use of English), un test de comprensión escrita (Reading), un
test de comprensión oral (Listening) e unha ou dúas tarefas de expresión
escrita (Writing). A parte oral consistirá nunha presentación oral sobre algún dos temas das unidades do curso, e unha pequena entrevista.

A
avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas
capacidades con regularidade ó longo do semestre. Por tanto, as probas e
traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos  que os alumnos non entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”. Anunciarase
na aula e tamén na plataforma de teledocencia FAITIC a programación das
datas de entrega dos traballos, así como as datas nas que se realizarán
as  presentacións orais, ademais dos exames e as probas máis extensas
de “reading” e “listening”. Os traballos  deberán ser entregados en man
na clase no día sinalado. Así, os traballos que o alumnado non entregue
na data requirida e en man contarán como un "0".

Os/as alumnos/as que non superen a avaliación continua ou que renuncien a ela  deberán presentarse a unha proba única global sobre todos os contidos comunicativos e lingüísticos da materia en xullo (segunda edición de actas), que computará como o 100%. A data deste exame será fixada pola facultade no seu calendario oficial .

Os/as alumnos/as que non se acollan á avaliación continua terán unha
proba global única que computará como o 100% da nota. A primeira oportunidade é
a proba da  primeira edición de actas e a segunda oportunidade na
segunda edición de actas (xullo).

Tanto esta proba única  global 
en maio como a proba de xullo constará de cinco partes que avaliarán as
catro destrezas comunicativas e a destreza lingüística (use of English).
Cada unha das partes equivalerá a un 20% da cualificación final e para
aprobar a materia haberá que aprobar cada unha das devanditas destrezas.

Para
a segunda edición de actas (xullo) conservaranse as cualificacións das
partes aprobadas na primeira edición de actas (sendo de avaliación
continua ou da proba única da primeira edición de actas).

Durante
a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios,
ordenador, conexión a internet ou outros medios electrónicos.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000