Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia. Pártese do nivel do exame Cambridge Advanced English. O alumnado que non posúa este nivel de partida terá que procurar formación en inglés pola súa conta (EOI, Centro de Linguas, materiais bibliográficos,recursos online etc.)
Recomendase o uso dos recursos da biblioteca que para superar esta materia son dunha gran utilidade.
Non é en absoluto recomendable cursar esta materia sen ter superado o Idioma : Inglés 1, I, Inglés 1,II ou Inglés 1, III.
Tamén cómpre esixir ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright. Ningunha parte dos libros de texto e de lectura poden ser reproducidos, alterados, editados ou usados por calquera forma ou medio, electrónico ou mecánico.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a traves da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000