Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentacións/exposicións 2 Presentacións orais elaboradas de forma autónoma polo alumnado: 1) resumo de artigos extraídos de xornais, que se amosarán na plataforma Faitic. 2) análise de aspectos e contidos da lectura obrigatoria. (speaking) 20 CB1
CB2
CB4
CE1
CE2
CE8
CE24
CT2
Traballos tutelados Elaboración de 4 traballos escritos (summary, formal letter, article, essay) tutelados na aula e realizados de forma autónoma polo alumnado (writing) 20 CB4
CE1
CE2
CE4
CE8
CE28
CT6
CT14
CT15
CT22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas prácticas de execución de tarefas baseadas en materiais reais ou adaptados e relacionadas coas destrezas de comprensión oral e escrita, semellantes ás do nivel de Cambridge Proficiency (listening 10%, reading 10%). 20 CB1
CB2
CB4
CE1
CE4
CE13
CE18
CE25
CT2
CT4
CT22
Outras Exame final sobre todos os contidos lingüísticos e comunicativos da materia que presupón o 40% para aqueles alumnos/as que teñan dereito a avaliación continua. 40 CB1
CB2
CB4
CT2
CT4
CT6
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS:

O alumnado
poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2)  e ten que declararse por escrito na segunda semana de clase asinando o documento específico.

Recoméndase
a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da
materia.

            A.1) Avaliación continua

Para acollerse á avaliación continua o alumnado debe
participar con regularidade nas sesión presenciais, teóricas e prácticas, así
como realizar as tarefas que se lles requiran, e para superar a avaliación será
necesario:

1) Aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading,
listening, speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na
segunda edición de actas (xullo) o alumnado só terá que presentarse ás
destrezas suspensas.

2)
Realizar 4 traballos escritos (20%), 2 probas de comprensión oral (10%),  2 de comprensión escrita (10%), e 2
presentacións orais, unha delas baseada no libro de lectura (20%). As datas de
entrega de traballo e de realización das probas  anunciaranse na plataforma Faitic. Toda esta
parte computará o 60 % da cualificación final.

3)
Aprobar unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os
contidos gramaticais e léxicos (use of English), e unha ou duas tarefas de
expresión escrita (writing). Esta parte computará o 40 % (use of English 30%,
writing 10%). A proba final realizarase  na penultima ou na última semana do curso, no horario de clase (avisarase na clase ou mediante faitic).

A
avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas
capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e
traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos  que
os alumnos non entreguen por non asistir a clase contarán como un “0”
.

A.2) Avaliación única

O
alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ninguna proba
parcial poderá presentarse á availación única que consistirá nunha única proba global
final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das
seguintes partes:

-       
Use of English (40%),
writing (20%), speaking (20%), reading (10%), listening(10%)

Para
superar dita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as
partes aprobadas para a segunda edición das actas. O exame realizarase na penúltima e/ou última semana de clase (avisarase na clase ou mediante faitic).

 

B)
SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2016):

O
alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será
availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas
características que a proba única da primeira edición das actas:

- Use of
English (40%), writing (20%), speaking (20%), reading (10%), listening(10%)

Para superar esta avaliación o alumnado ten que
aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola
facultade e publicada pola súa paxina web

Todas as
probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “Cambridge
Proficiency in English” e as indicacións fixadas para o nivel C2 no Marco Europeo
de Referencia para o Ensino das Linguas.

Durante a
realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador,
conexión a internet ou outros medios electrónicos.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados ou nas
presentacións orais suporá o suspenso automático na materia
.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000