1ª edición das actas As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro. A copia ou o plaxio nas probas das avaliacións continua ou única será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas, nas dúas edicións das actas. En calquera caso, recoméndase a asistencia regular ás clases. De existir alumnado de intercambio, prestarase atención ás súas necesidades específicas.
Avaliación continua
Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota. A non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta. Condicións: -Entrega das prácticas de clase, realización da exposición oral e entrega dos traballos que son obxecto de avaliación, nos prazos establecidos pola docente ao longo do curso e recollidos na plataforma TEMA. -Realización do exame escrito. A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT. Avaliación única 1. Exame sobre os contidos da materia: 75%. 2. Traballo escrito: elaboración dun texto de especialidade, sobre o modelo do artigo científico: 25%. A data do exame de avaliación única será a establecida pola FFT e recollida no calendario oficial da FFT. 2ª edición das actas (xullo) Os mesmos criterios de avaliación única
aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). A avaliación farase a través dun exame (75%) e dun traballo escrito (25%). O alumnado de avaliación continua
que non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda
edición das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa, dado que manterá as cualificacións iguais ou superiores a 5. Ao alumnado de avaliación única gardaráselle tamén a cualificación igual ou superior a 5 que obtivese nalgunha das dúas probas, de xeito que só deberá presentarse á parte pendente. A copia ou o plaxio nas probas de
avaliación será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. En todo caso, recoméndase a
asistencia regular ás aulas e ás titorías e a consulta dos materiais e
informacións específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se siga o sistema
de avaliación continua. A data do exame será a recollida no calendario oficial da FFT. |