Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Actividade práctica orientada na aula pola docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, nestes traballos de aula serán propostas certas actividades que se desenvolverán coa colaboración do alumnado e a docente.
Traballos tutelados O alumnado presentará (de forma individual ou en parellas) o traballo escrito sobre o tema acordado. Avaliaranse os resultados, a estrutura e a calidade lingüística da redacción.
Presentacións/exposicións O alumnado levará a cabo unha presentación perante a clase dun traballo de divulgación que elabore, sobre un tema que se asignará.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000