Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A2, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballo tutelado sobre un tema de divulgación científica.


30 A4
C3
C18
D5
D6
D23
Resolución de problemas Traballo sobre resolución de problemas terminolóxicos. 20 C3
C18
D5
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención ós aspectos lingüísticos do temario. 40 A2
C3
C5
C18
D23
Observación sistemática Avaliarase a asistencia e a participación activa nas aulas. 10 A2
C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.

a) Avaliación continua

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Condicións para superar a materia:

-Entrega dos traballos nos prazos establecidos: 

-Primeiro traballo: segunda semana de marzo.

-Segundo traballo: primeira semana de maio.

- Exame: fixarase unha data na última semana de curso. Este exame poderase repetir, se non se aproba, na data oficial que fixe a Facultade.

Importante

Para superar a materia, cómpre obter no traballo tutelado e no exame un 5. A resolución de problemas e o traballo tutelado só suman nota, non condicionan o aprobado na materia. 

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación global.  

b) Avaliación global: condicións

Haberá un exame, por valor dun 100% da nota, na data fixada pola Facultade.

2ª edición das actas

A avaliación farase a través dun exame por valor do 100% da nota.

O alumnado de avaliación continua que non teña aprobada a materia na 1ª ed. das actas manterá as cualificacións das probas superadas se así o desexa.

Datas oficiais dos exames

A data oficial do exame, tanto para a avaliación continua como a global, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas, da gramática da lingua, do léxico xeral e das destrezas de redacción, aínda que non sexan contidos específicos do curso. Daquela, nos traballos a falta de corrección será penalizada. 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame implica unha cualificación de 0.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000