Educational guide 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Valoración continua das prácticas gramaticais, léxicas e tradutolóxicas 15 CE4
CE22
CE25
CT9
CT15
Resolución de problemas de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15 CE1
CE2
CT2
CT4
Resolución de problemas e/ou exercicios Examen escrito de contido léxico, gramatical e tradutolóxico 70 CE18
CE24
CE27
CT10
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do
alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas
metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Para obter o 30% (máximo)
establecido para os traballos de aula, atenderase a participación regular e
activa na aula, ademáis da entrega de traballos. A proba escrita realizarase
PARA TODO Ó ALUMNADO na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta
de FFT.

O alumnado
que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única
deberá realizar e superar un exame escrito sobre os contidos da materia, que se
realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e
máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: o primeiro
cun valor do 70% e o segundo cun valor do 30% da nota.

Tanto no
caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota dos exames
-escrito e oral- non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. Para poder
presentarse á proba oral na avaliación única é necesario ter alcanzado un
mínimo de 4 na proba escrita.

SEGUNDA
EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Para o
alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, un exame teórico-práctico
escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. A data do exame será
a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

Para o
alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única, este exame ten un
valor do 70% da nota. Este alumnado terá que superar tamén unha proba oral (30%
da cualificación) para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 4 para superar a materia. A data do exame escrito será a data
establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. A proba oral
realizarase nunha data concertada co profesorado.

ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o
profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da
avaliación continua que, segundo o seu criterio razoado, non demostrara suficiente
competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000