O sistema de avaliación
continua implica a asistencia regular e a participación activa do
alumnado no desenvolvemento das clases maxistrais, así como nos traballos
de aula e nos tutelados, o que computa un 25% da nota final. Non se obterá
puntuación por este concepto cando a asistencia fose inferior a un
80% do total das horas de clase. Informarase á profesora de calquera
incidencia en relación coa non asistencia ás clases. O 75% da
nota restante obtense coa superación dun exame escrito. Obterase a
avaliación positiva, sempre que á hora de realizar o exame final, que levará
a cabo o 11 de decembro, o alumnado entregase, en prazo, todos os exercicios que se foran esixindo ao longo do
cuadrimestre e respondese positivamente ás tarefas realizadas na
aula. O alumnado que non se acolla
á avaliación continua ou decida renunciar a ela, pasadas dúas semanas
do inicio das clases, deberá renunciar por escrito, o que implicará, que para poder superar a materia, deberá
entregar diferentes exercicios e tarefas, que serán pautados de forma
sistemática pola profesora e publicados en Faitic, unha semana antes da
data oficial do exame, sendo este requisito indispensable para poder
presentarse ao exame final. A entrega destes exercicios computa un 20% no
total da nota. Os alumnos repetidores que renuncian á avaliación continua deberán presentar dita renuncia por escrito no prazo estipulado. CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA Exame teórico-práctico dos contidos do curso (100%). |