Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Durante as sesións prácticas das semanas 5 e 6 o alumnado fará unha presentación oral na aula (20%) e durante as sesións prácticas das semanas 12 e 13 realizarase o exame oral, que consistirá nunha entrevista individual (20%). 40 C1
C2
C4
C24
C25
C30
D15
D17
D23
Probas de resposta curta Nas sesións prácticas das semanas 7 e 13 o alumnado será avaliado da destreza de “Listening” por medio de exercicios de resposta curta. 20 C1
C2
C4
C18
C24
C30
D9
D15
D17
D23
Resolución de problemas e/ou exercicios "Use of English: grammar and vocabulary" será avaliado nas sesión teóricas da semana 8 (proba parcial) e na data establacida no calendario de exames da FFT (proba final)
40 C1
C4
C18
C24
C30
D15
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Primeira edición das actas:

Na primeira edición das actas o alumnado poderá acollerse a avaliación continua (A1) ou a avaliación única (A2).

A1) Avaliación continua na primeira edición das actas:

Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma.

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, se recomenda ao alumnado asistir  e participar con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas. Para seguir este sistema é necesario  realiza-las tarefas e exercicios que se lle requiran.

O dominio das destrezas de use of English: grammar & vocabulary, listening e speaking a nivel C2 será avaliado por medio de dúas probas parciais para cada destreza:


- Probas de Use of English: grammar  & vocabulary (40%): nas clases de teoría da semanas 8 (proba parcial) e na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT (proba final).

- Probas de Speaking (40%): presentación oral nas clases prácticas das semanas 5 e 6 e entrevista oral nas clases prácticas das semanas 12 e 13.

- Probas de listening (20%): nas clases prácticas das semanas 7 e 13.

As datas e horas das probas correspóndense coas horas das clases dos diferentes grupos. En ningún caso se realizarán probas parciais en datas diferentes ás especificadas nesta guía docente.  No caso da proba de Use of English e vocabulario, haberá que realiza-las dúas probas, posto que se avalían contidos diferentes.

Para consegui-lo aprobado na materia, o alumnado deberá aprobar cada unha das destrezas que se avalían. O suspenso nunha destreza suporá un suspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes, o alumnado examinarase en xullo de 2017 (como se pode ver no apartado b) da segunda edición das actas. De non aprobar en xullo de 2017, o alumnado deberá examinarse no seguinte curso académico. En xullo 2017 o alumnado deberá examinarse só da destreza suspensa e gardaránselle as notas aprobadas das outras destrezas só ata xullo de 2017 (en ningún caso durante máis tempo).

As destrezas de reading e writing, avaliadas no segundo cuadrimestre do curso na asignatura de "Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés", tamén serán practicadas ao longo do curso, máis non serán consideradas na avaliación.

A realización dunha ou varias das probas parciais da avaliación continua implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá acollerse á avaliación única na primeira edición das actas, e a súa nota da primeira edición das actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas parciais realizadas durante o curso.

A2) Avaliación única na primeira edición das actas:

O alumnado que non  realice ningunha proba parcial poderá presentarse a un exame único (100% da cualificación final), que ten as seguintes partes:

-Proba de Use of English: grammar  & vocabulary (40%): na data establacida no
calendario de exames aprobado en Xunta de FFT (coincidindo coa proba final da availación contínua).

- Proba de Speaking (40%): entrevista oral nunha das clases prácticas das semanas 12 ou 13.

- Proba de Listening (20%): nunha das clases prácticas da semana 13.

Como se indicou anteriormente, o alumnado que teña obtido algunha nota polo sistema de avaliación continua non poderá acollerse á avaliación única na primeira edición das actas.

Tamén na avaliación única o alumnado ten que aprobar todas as partes. No caso de suspender algunha parte, só tendrá que presentarse a ela(s) na segunda edición de actas en Xullo 2017.

B) Segunda edición das actas (xullo 2017)

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou a avaliación única ou non se presentara na primeira edición das actas, será avaliado mediante un exame único que terá as mesmas características que o exame de avaliación única da primeira edición das actas:
- Proba de Use of English: grammar & vocabulary (40%).
- Proba de Speaking (entrevista oral) (40%).
- Proba de Listening (20%)

Para aprobar haberá que aprobar cada unha das partes do exame.

A data deste exame de xullo será fixada oficialmente polo centro e publicada na páxina Web do centro. A este exame poderá presentarse o alumnado que suspenda algunha das destrezas da materia na primeira edición das actas.

Durante a realización das probas e exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores, teléfonos móviles, conexión a Internet ou calquera outro medio electrónico.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000