Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A1, II: Introdución ás linguas de especialización: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Istos tres traballos son de elaboración persoal e están vinculados ao obxectivo dos proxectos que se exporán ao alumnado. Valorarase todo o relativo ao texto, desde a corrección idiomática ata a presentación, pasando pola argumentación e o dominio terminolóxico. 50 CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE5
CE18
CE33
CT1
CT22
Aprendizaxe baseado en proxectos Os tres proxectos, cuxo obxectivo son os traballos tutelados, valorarase a capacidade de traballo en equipo, o esforzo, a constancia, a resolución de problemas lingüísticos e de edición e presentación de textos 50 CB3
CB4
CE3
CE4
CE10
CE18
CE27
CE32
CE33
CT4
CT7
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia cando o indica o calendario oficial da FFT). Esta elección realizarase por escrito e asinada.

Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.

Os alumnos que opten á avaliación única terán un único exame (exame tipo test sobre todos os contidos teóricos da materia e da súa bibliografía) que valerá o 100% da nota e non se terán en conta posibles traballos que realizasen ao longo do curso.

A avaliación de xullo será un exame (exame tipo test sobre todos os contidos teóricos da materia e da súa bibliografía). Da mesma maneira serán avaliados todos aqueles que non superasen a materia na convocatoria de xaneiro (sexa por avaliación continua, sexa por avaliación única).

Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto nas probas como no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con 0,25 puntos por cada falta.

A copia ou plaxio suporá a non cualificación dos traballos, exames ou de calquera outra forma de avaliación e, por tanto, a non superación do curso na convocatoria de xaneiro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000