Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua A1, II: Introdución ás linguas de especialización: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado O alumnado terá que entregar dous traballos:
1. 15% da nota.
Elaborarase un traballo sobre neoloxía: resolución de problemas conceptuais e denominativos.
2. 35% da nota.
Traballo tutelado sobre un tema de divulgación científica:
a) presentación oral: 10%
b) traballo escrito: 25%
50 CB4
CE3
CE18
CT5
CT6
CT23
Resolución de problemas Proporanse dúas tarefas ó longo do curso relacionadas con contidos da materia. 10 CE3
CE18
CT5
CT23
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que pode abordar todos os temas estudados durante o curso, con especial atención ós aspectos lingüísticos do temario. 40 CB2
CE3
CE5
CE18
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous sistemas de avaliación. Deberá confirmar explicitamente por cal deles opta nas dúas primeiras semanas de curso.

a) Avaliación continua

Os aspectos avaliados son os que aparecen nesta páxina por un valor do 100% da nota.

Condicións:

-Entrega dos traballos nos prazos establecidos: 

-Primeiro traballo: 26 de outubro

-Segundo traballo: último día de clase en decembro.

- Presentación ó exame.

Importante

Para superar a materia, cómpre obter no exame unha nota mínima de 4.5.

O incumprimento das condicións da avaliación continua implicará o paso automático á avaliación única.  

b) Avaliación única: condicións

1. Exame sobre os contidos da materia ó final do cuadrimestre (85%)

2. Traballo sobre neoloxía (15%).

2ª edición das actas (xullo)

A avaliación farase a través dun exame (85%) e un traballo sobre neoloxía (15%).

O alumnado de avaliación continua que non teña aprobada a materia na 1ª ed. das actas manterá, se así o desexa, as cualificacións das probas superadas. Se  non o desexa, acollerase ó sistema definido no parágrafo anterior.

Datas dos exames

A data do exame, tanto para a avaliación continua como a única, en todas as oportunidades de avaliación, será a fixada no calendario oficial da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Importante

Cómpre ter un nivel avanzado das normas ortográficas e da gramática da lingua. Esíxese un nivel C2 ó remate do curso.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente sancionador. 

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000