Crear un espírito crítico e autocrítico.
Mediante unha formación dirixida, e mediante a súa propia función como observador participante, o alumnado aprenderá a recoñecer a diversidade das modalidades, a identificar prácticas cotiás de TI, coñecer prácticas diferentes das convencionais e comprender o funcionamento das cadeas de actores mediadores nas prácticas de TI. |
saber | saber facer | Saber estar / ser |
|
A8 A9 A10 A11 A17 A18 A19 A24
|
B3 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B20
|
Saber cales son os criterios que definen unha actuación pertinente, relevante e oportuna dentro da situación profesional, como afastarse deles e que consecuencias terá esa decisión.
Nesta materia, o alumnado iníciase por primeira vez aos aspectos xerais da tradución. Entre as subcompetencias derivadas desta, figuran as que lle permiten iniciarse á análise e ao estudo dos textos para a súa tradución, como son comezar a aplicar nocións teóricas á práctica da TI, adquirir ferramentas de análise textual crítica, aprender a evitar os principais erros ou iniciarse ao emprego de fontes documentais. |
saber | saber facer | Saber estar / ser |
|
A1 A2 A3 A4 A8 A12 A21 A22 A25 A26 A27
|
B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B15
|
Dominar os mundos textuais e non-textuais das culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais e, sobre todo, o rol do tradutor entre elas.
Para acadar esta competencia nas clases da materia, cómprelle ao alumnado:
-Recoñecer o ser humano como principal axente e obxecto do estudo da TI.
-Concibir tanto a tradución como a interpretación como dinámicas propias do intercambio simbólico e económico entre calquera sistema, ao tempo que adquire nocións históricas e sociais do oficio da TI.
|
saber | saber facer | Saber estar / ser |
|
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 A13 A14 A17 A19 A24 A25 A31 A32 A33
|
B2 B3 B4 B9 B10 B11 B16 B17 B21
|
Aprender a traballar en equipos de carácter transdisciplinar. A persoa profesional da tradución e da interpretación é un ser social cuxo oficio consiste precisamente en garantir que un ben (xeralmente un texto) circule eficazmente entre sistemas diferentes ou entre equipos diferentes con demandas específicas. Para isto é preciso desenvolver a capacidade de traballar en equipo, tanto entre tradutores e intérpretes como entre profesionais e axentes con funcións diferentes dentro dun proceso de produción ou de mediación. |
saber | saber facer | Saber estar / ser |
|
A10 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A21 A24 A27 A32
|
B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B19 B20
|